Friday 26 de April de 2024

Trenor participa en Ribeira na homenaxe coa colocación dun monumento ás vítimas da Covid-19


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acto homenaxe ás vítimas da covid-19 que tivo lugar en Ribeira no que se descubriu un monumento e se gardou un minuto de silencio en memoria de todas as persoas falecidas durante a pandemia. O acto estivo organizado polas Amas de Casa de Ribeira en colaboración co Concello.

O representante do Goberno autonómico destacou que “este acto rende homenaxe aos miles de persoas que morreron por mor da Covid-19 durante este ano de loita incansable, compartindo a dor dos seus familiares e seres queridos” e subliñou que “a batalla non rematou. Hai que ser conscientes de que hai que seguir unidos e sobre todo respectando as recomendacións sanitarias. Temos que pensar nos que faleceron, e tamén nos profesionais sanitarios que deixaron as súas vidas na loita. Ese esforzo non pode quedar en balde”.

Trenor felicitou a asociación de Amas de Casa e ao Concello pola iniciativa e destacou que “cada vez que miremos este monumento podemos sentirnos orgullosos pola responsabilidade da que deu mostra o conxunto dos galegos e concretamente os veciños de Ribeira neste tempo tan duro e difícil”.